Como ben sabedes, hoxe celébrase o Día das Letras Galegas.
Este ano, está adicado á figura de Valentín Paz Andrade e se pinchades no seguinte enlace podedes repasar algunha cousiña sobre él das que aprendimos xa na clase e facer algunha actividade.
INVESTIGANDO A VALENTÍN
Aqui vos deixamos tamén algunha das cousas que fixemos na escola nestes días.
VALENTÍN PAZ ANDRADE on PhotoPeachAqui vos deixamos tamén algunha das cousas que fixemos na escola nestes días.
E a continuación, a nosa pequena homenaxe a este día tan sinalado.
VIVAMOS COMO GALEGUIÑOS ! ! ! on PhotoPeach
AH ! TENDES UNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE SOBRE DINOSAUROS EN NIGRÁN (PONTEVEDRA) , está ata o 23 de setembro, pero déixovos o enlace do sitio por si vos apetece aproveitar para visitala nestes días...
JA JA JA
ResponderEliminarUN APUNTE MÁIS: A PROFE BIBI NON É SIMPÁTICA, SIMPLEMETE TEN UN HUMOR GALEGO MOI BEN ACENTUADO!!!
Graciñas a tod@s polos vosos comentarios !
ResponderEliminarTamén aos que non escribides e mo decides en persoa !
A verdade é que paseino xenial facendo este último vídeo de " Vivamos como galeguiñ@s"...ríame eu sola na casa pensando nas respostas que dan eles ás veces na clase...teñen desculpas para todo... Que si "tengo el cerebro apagado", que si "no me salí por fuera, es que fulanito me movió la mano..." En fin, que escoitando cousas coma estas todos os días...hai que rirse si ou si...
bicos.
Bibi.