A semana pasada houbo unha pequena revolución na nosa clase. Tocáballes baixar a ler a Fernando ( o irmán de Isma ), Joel (o irmán de Hugo ) e Luna ( a irmá de Lucas). . . Comprenderedes que isto xerou máxima expectación. . . e gañas de saber ler como os nosos irmáns maiores. . .
Uns dos motivos polos que facemos esta actividade, é polas ventaxas que teñen os contos no desenvolvemento dos máis pequen@s:
1. Fomentan o gusto pola lectura e polos libros.
2. Aumentan o seu vocabulario, axudándoos a aprender palabras novas.
3. Axúdaos a saber escoitar e atender.
4. Estimulan a súa memoria e as súas gañas de expresarse.
5. Desenvolven a súa intelixencia.
6. Axúdaos a ser máis reflexivos, atopando formas axeitadas de comportarse.
7. Axúdaos a combater os seus propios temores ao identificarse cos protagonistas.
. . .
Por estas, e outras moitas ventaxas, anímovos a ser lectores xenerosos e a contarlles contos aos vosos pequen@s !!!
Aqui vos deixamos as fotos de Fernando e Joel, que nos leron o conto "A casa da mosca chosca".
Fixérono tan ben que recibiron unha ovación dos seus pequerechos. . . e aqui os tendes aos catro xuntos. . .
Ao día seguinte, chegaron Luna e Pedro e leron para nós o conto "10 patiños de goma".
Outra vez fixérono moi ben e Lucas, ao remate do conto, sacouse unha foto ca súa irmá e o seu amigo Pedro. Pero. . . a aperta. . . xa vedes quén a levou. . .
Graciñas por ser para nós un libro aberto !!!
Moitos bicos e desfrutade dos días festivos.
Eu pecho o "chiringuito" ata a volta das vacacións. . .
No hay comentarios:
Publicar un comentario