martes, 25 de junio de 2013

FIN DE CURSO E FIN DE FESTA ! ! !

Pois xa estamos en xuño, e parece que foi onte cando coñecín á miña pandilla de piratas, ala polo mes de setembro. . . Qué rápido pasou o tempo. . .  canto medraron. . . canto aprenderon e canto me ensinaron . . . meus pequerrechos. . . 

Aqui vos deixamos as nosas derradeiras aventuras ata o curso  próximo. . .

Asi foi como nos despedimos de Andy Warhol, facendo os nosos autorretratos e o noso propio deseño de lata de sopa. Non cabe dúbida de que somos uns artistas ! ! ! 


Mirade cómo Warholeamos. . . 

DESPEDIMOS A WARHOL. . . on PhotoPeach

O xoves merendamos unhas galletas moi ricas que nos fixo a nai de Lucas (Graciñas Carla !!!) e que tiveron moito éxito,e o venres, último día de cole antes das vacacións. . . estivo cheo de emocións. . .  Fixemos picnic, xuntámonos cos nen@s da clase de Pilar para unha superfesta, bailamos, cantamos, xogamos no patio dos maiores. . . 
Queredes velo???

FIN DE CURSO E FIN DE FESTA ! ! ! on PhotoPeach

Pois con isto e con  máis dun biscoito. . .  (moitos levamos comidos neste curso. . . ) só me queda agradecer ás familias a vosa colaboración ó longo deste curso, ás miñas compañeiras a vosa axuda incondicional, "á miña Pilar" o moito que aprendo dela e . . . aos meus piratiñas. . . graciñas polos vosos mimos e por verme guapa todos os días. . .  je je je. . .

Deséxovos que veña pronto o verán (pero de verdade) e que teñades unhas felices vacacións !!!

Moooooooitos bicos.


3 comentarios:

  1. Graciñas polo comentario Loli!
    A verdade é que a Rita quedoulle xenial o autorretrato, con ese pelo tan negro que se pintou ata se daba uns aires de Cleopatra. . . ja ja ja. . .

    Bicos e feliz verán!!!

    Bibi.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas á familia de Adri polos seus comentarios.
    A verdade é que, como xa vos dixen máis veces, o mérito é tooooodo del, do moito que traballa, e que se esforza e do observador que é.
    Tanto él como Ian teñen o dobre de mérito por ser nenos de Decembro.
    Meus pequerrechos !!!

    Moitos bicos para tod@s!!!

    Bibi.

    ResponderEliminar
  3. Graciñas Paula e familia polo voso comentario!!!
    Como sigades decorando a habitación de Paula cas nosas artistadas ides quedar sen paredes. . . porque estamos feitos uns artistas. . .
    Moitos bicos e feliz verán !!!

    Bibi.

    ResponderEliminar