Seguro que os peques xa vos contaron que Andy Warhol tivo moitos gatos (chegou a ter ata 25. . .) e que a todos lles chamaba Sam. . . é unha anécdota que lles encanta. . . Ata un día, fixen como que non sabía os seus nomes e empecei a chamarlles eu a el@s Sam. . . a tod@s. . . e partíanse de risa. . . pero deixáronme moi claro que: "Profe, nosotros no somos gatos. . . "
En vista do éxito aproveitamos para traballar tamaños (grande- pequeno), para traballar lectoesritura e escribir SAM, contar cántas letra ten e dicir cales son e. . . para artistear un pouco. . .
Preparad@s para o vídeo !!!
ONDE ESTÁ SAM ??? on PhotoPeach
Aqui vos deixo as plantillas dos nosos traballiños.
E gustaríame deixarvos tamén unha reflexión. Compartir non está reñido co respecto polo traballo alleo. Si vos fixades, cando publico cousas que non son idea miña, ou que non elaborei , escribo de quén son ( moitas da miña compañeira Pilar, das compañeiras Iria e Pilar da casiña, da miña amiga Vane. . . ) Só vos pido que fagades o mismo co que deixo aqui. . . ainda que non marque as fichas poñéndolle o meu nome como fan noutros blogues. . . quizás confío demasiado na bondade allea. . . tampouco é plán abusar. . .
Máis abaixo podedes ver as fotos traballando a letra o, os nosos lectores xenerosos, o cumple de Natalia ou cómo nos pesaron os maiores e cómo descubrimos os números na báscula. . .
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario