Nesta semana o menú tiña prato único: para comer calamares en tinta de rotulador ao estilo Peteiro, e para beber zume de uvas ao estilo do profe Xoán.
Cada un de nós ímos tendo tamén o noso estilo propio. . .
Mirade qué ben o facemos !!!
Somos uns artistas !!!
O profe Xoán trouxo a licuadora e púxose máns á obra para facer un zume de uvas riquísimo. . .
Ata Alfredo atreveuse a probalo ! ! !
Pero non todo foi comer e beber. . . tamén presentamos algunha cousiña máis do mar, falamos das espiñas do peixe, dos polbos e seus "primos" calamares e sepias, xogamos ca letra i na pizarra máxica, o profe Xoán falounos dos barcos, fixemos series con gomets, etc.
Xogando ca letra i. . .
Facemos series con gomets.
Escoitamos o que Xoán nos explica dos barcos.
Ide preparándovos para o. . .
O mércores poden vir disfrazados á escola, pero con roupa cómoda que lles permita ir ao baño con autonomía e sen complementos que poidan entrañar perigo para os compañeir@s.
Aqui tendes o patrón do noso cadro.
Aqui tendes o patrón do noso cadro.
Bicos.