domingo, 27 de octubre de 2013

MENÚ DO DÍA. . .

Nesta semana o menú tiña prato único: para comer calamares en tinta de rotulador ao estilo Peteiro, e para beber zume de uvas ao estilo do profe Xoán.


Cada un de nós ímos tendo tamén o noso estilo propio. . . 



Mirade qué ben o facemos !!!


Somos uns artistas !!!


O profe Xoán trouxo a licuadora e púxose máns á obra para facer un zume de uvas riquísimo. . . 


Ata Alfredo atreveuse a probalo ! ! !


Pero non todo foi comer e beber. . . tamén presentamos algunha cousiña máis do mar, falamos das espiñas do peixe, dos polbos e seus "primos" calamares e sepias, xogamos ca letra i na pizarra máxica, o profe Xoán falounos dos barcos, fixemos series con gomets, etc. 



Xogando ca letra i. . . 




Facemos series con gomets.


Escoitamos o que Xoán nos explica dos barcos.


Ide preparándovos para o. . . 

samain
O mércores poden vir disfrazados á escola, pero con roupa cómoda que lles permita ir ao baño con autonomía e sen complementos que poidan entrañar perigo para os compañeir@s.

Aqui tendes o patrón do noso cadro.



Bicos.

3 comentarios:

  1. Dá gusto ver como traballan estes pequenos. Sodes uns artistas.

    ResponderEliminar
  2. sodes uns artistas. unhas luras en tinta moi bonitas e o zume tendria que estar riquisimo.ademas a clase esta quedando moi chula.

    ResponderEliminar
  3. Graciñas polos vosos comentarios.

    Bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar