Realmente, o título desta entrada reflexa o que fixemos esta semana : un mar de cousas. . .
Empecemos por amosar a marea de axuda que recibimos das familias. Algúns trouxeron máis dunha cousa, polo que é imposible poñer tantas fotos no vídeo. Aqui tendes un resumo dos nosos mellores momentos presentando aos compañeir@s o material que traemos. . .
Por certo, as cousas que nos parecen especialmente delicadas, que se poden romper ou estropear con facilidade, poñémolas sobre o armario e son para ver cos profes. Pero, ainda así, pregaríavos que insistades en que as cousas do cole hai que coidalas , pois seguimos a ter problemas en canto ao coidado do material da aula.
Non me gusta que aparezan xoguetes rotos e non saber quén foi, pois quén os rompe non o di e os demáis que xogan no mesmo equipo tampouco @ descobren. Pero menos me gustaría, ter que privalos a tod@s de investigar nos materiais do mar por falta de coidado con eles. Pois si non me gusta que rompan as cousas da miña clase, menos me gusta que rompan as que me prestan.
Tende en conta que van aos recunchos a xogar a medida que rematan o traballo e mentres eu estou axudando á xente que tarda máis prodúcense os desperfectos nos xoguetes da aula. Eu non podo ter 26 ollos !!! Preciso da vosa colaboración para que cando os vosos fill@s vexan que algún compañeir@ rompe as cousas acuda a min e non o/a encubra.

Unha marea de axuda. . . on PhotoPeach
Tamén comezamos a traballar cos caderniños de lóxica-matemática e de lectoescritura. Comezamos coñecendo a Aurelio o xardiñeiro, a Pata e a Pato, que nos van a ensinar todas as letras que medran no seu xardín. Un xardín máxico e misterioso. . . que se atopa agachado detrás da árbore da risa. . . ji ji ji. . .

Para a semana, comezaremos a mergullarnos máis no mar, pero nestes días vimos unha presentación do mar que preparou a profe Pilar e antes de lanzarnos á auga . . . plasmamos as nosas ideas previas do mar nun debuxo. Para nós, o mar é asi. . .
O mar é así. . . on PhotoPeach
Bicos.
Graciñas polos comentarios nos vídeos!!!
ResponderEliminarBicos.
Bibi.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar