Esta semana coñecimos a un pintor novo, chámase Jorge Peteiro, e a profe díxonos que era un pintor ao que lle gustaba moito o mar.
Cando chegamos a clase, atopamos no noso caballete dúas fotos misteriosas. Púxémonos a investigar. . . e así foi como descubrimos que se trataba de Peteiro.
Peteiro e o mar. . .
Buscamos en internet fotos das súas obras: pinturas e esculturas. E comezamos a facer un pequeno libro adicado a él. . .
E fixemos un cadro do mar que nos quedou moi chuli ! ! !
Pero ademáis, seguimos recibindo axuda. . . asi que as aportacións para o noso recuncho do mar seguen chegando á aula. . .
A profe segue tentando atopar vídeos que resolvan as nosas dúbidas e inquedanzas ( que son moitas !!!) , porque non todo vai ser ler e escribir. . . moitas veces, a información entra polos ollos. . . e de qué maneira! ! !
Asi que esta semana vimos un vídeo de medusas aurelias e descubrimos que. . . estas pódense tocar e non fan dano !!!
Pero . . . temos tanto conto. . . que os contos non poden faltar nuuuuuuunca ! ! !
Esta semana traballamos atención, comprensión e vocabulario, a través de dous contos: "O corvo Roque" ( un conto precioso que trouxo Daniel e que xa contamos varias veces. . .) e "El pez Arcoiris"
Falamos do mar, dos mariñeiros, da pesca, da lonxa, dos peixes, dos paxaros que viven preto do mar. . .
O peixe do conto, repartiu as súas escamas brilantes entre os seus amigos. . . e a profe como non tiña escamas. . . repartiu galletas saladitas de peixes ! ! ! mmmmmm . . . qué ricas !!!
E. . . colorín colorado, este conto está rematado. . . Pero aqui vos queda unha versión, por si queredes voltar a escoitalo. . .
Bueeeeeno, veña. . . un pequeno vídeo resumo da semana tamén. . . Aqui nos tendes traballando e xogando. . .
PETEIRO E O MAR on PhotoPeach
Estas son algunhas das plantillas dos traballiños que fomos facendo:
Bicos e boa semana a tod@s.
Graciñas Loli polo teu comentario no vídeo.
ResponderEliminarXa me imaxinaba que esta era unha desas entradas que che gusta especialmente ! ! !
Bicos.
Bibi