Asi foi como pasamos a semana, a voltas entre o mar e o xardín.
As dúas cousas fan traballar as nosas cabezas ! ! !
As dúas cousas fan traballar as nosas cabezas ! ! !
Ao comezo da semana contamos aos compañeir@s o que sabíamos do mar e tamén dixémoslle á profe qué é o que nos gustaría investigar e aprender. E ela tomou boa nota de toooodo.
Do mar, seguimos recibindo axuda de distinto tipo por parte das familias. As cousas que traemos á escola presentámolas aos compañeir@s, explicámolas e dan pé a distintas conversas mooooooi interesantes.
Falamos e pensamos moito, lemos, vemos vídeos, investigamos pola nosa conta, etc.
Aqui tendes un pequeno resumo da nosa andaina polo mar:
O MAR. 1ª PARTE. on PhotoPeach
Pero non só o mar atrae a nosa atención, tamén o noso xardín da clase. . .
Temos un xardín misterioso, que non é preciso regar, e no que de súpeto e por sorpresa, medrou unha flor ca letra i . . .
E nós, recibimos a sorpresa encantad@s e che@s de emoción á volta do recreo ! ! !
Estamos convencid@s de que todos estos misterios son obra da bruxa Pepita . . . que debe ter moito tempo libre e non para de argallar cousas . . .
Asi van as cousas polo noso xardín. . .
A misteriosa aparición. . .
Coñecimos á iguana Isa. . .
Ensinámoslle con gomets o camiño de volta ao zoo. . . porque andaba un pouco perdida . . . e o camiño tiña forma de letra i ! ! !
E xogamos na pizarra máxica a facer a letra i. . .
Non vos queixaredes. . . que esta semana levades un lote de fotos . . .
Bicos.
Graciñas polos vosos comentarios no vídeo!!!
ResponderEliminarBicos.
Bibi.