Con motivo da exposición "El primer Picasso" da que se pode desfrutar no Museo de Belas Artes da Coruña, quixemos facer dende a escola unha homenaxe ao pintor que pasou a súa infancia na nosa terra, por iso na entrada do colexio podedes visitar a nosa exposición adicada ao pintor malagueño.
Aprendimos moitas cousas sobre a súa vida e a súa obra, algunhas delas grazas ao libro "El sueño de Picasso" .
Logo, o alumnado de 5 anos A e 5 anos B tentamos reproducir ao noso estilo o seu cadro " Maya con barco " e este foi o resultado:
Coma sempre, tentamos achegarnos ao arte dende distintos enfoques, por iso traballamos unha poesía de Carlos Reviejo adicada ao pintor que se titula: "Este Picasso es un caso".
Nela aparece moitas veces o nome do pintor e nos tentamos atopalo como si dunha sopa de letras se tratase.
Posto que falamos moito de retratos e autorretratos, e discurrimos entre tod@s cal era a diferencia entre ambos, ao final acordamos facer un retrato Picassiano e así foi como imitamos ao pintor.
A verdade é que sairon uns cadros ben fermosos.
No seguinte vídeo podedes ver cómo traballamos ao pintor malagueño:
O primeiro Picasso no Ría do Burgo. on PhotoPeach
Antes de rematar esta entrada adicada a Picasso, gustaríame
recomendarvos unha actividade familiar que se leva a cabo
no Museo de Belas Artes da Coruña: o
taller Picasso en familia, que se desenvolve os sábados e domingos pola mañán e vai dirixido a nen@s entre 5 e 12 anos. Picade no enlace si queredes máis información.
PICASSO EN FAMILIA
Penso que é unha actividade que van desfrutar moito posto que amosaron moito interese e de feito seguimos facendo algunha cousiña que xa vos amosaremos.
E agora a desfrutar dos nosos retratos picassianos:
RETRATOS PICASSIANOS on PhotoPeach
Bicos.