Como ben sabedes, comezamos a semana cargando pilas para o resto da semana e desfrutando dunha visita ao Monte de San Pedro, cun tempo marabilloso.
A semana pasada, preparamos a visita con dúas monitoras do parque que viñeron á escola.
Con elas aprendimos a coñecer a flora e a fauna que máis adiante veríamos no parque.
Primeiro vimos unha presentación.
Logo fixemos uns títeres cos animaliños que habitan no Monte de San Pedro, e pasámolo tan ben con eles que ata montamos pequenas representacións para @s amig@s.
O luns, cun sol radiante e cas merendas na mochila, saímos cheos de ilusión para desfrutar dunha xornada de exploradores . Levábamos os ollos tan abertos. . . que ata vimos un lagarto tomando o sol!!! jajaja...
Teño taaaaaaaantas fotos, que por moito que vos conte, nada amosa mellor o ben que o pasamos coma as imaxes, así que tomade asiento.
EXPLORADORES NO MONTE DE SAN PEDRO 1 on PhotoPeach
EXPLORADORES NO MONTE DE SAN PEDRO 2 on PhotoPeach
Despois de todo isto. . . supoño que durmirían ben a noite do luns. . .
Bicos.
Graciñas polos vosos comentarios nos vídeos.
ResponderEliminarBicos.
Bibi.