sábado, 18 de abril de 2015

ARTISTADAS VARIAS ! ! !

Cada día teño máis claro que cando algo che gusta moito rematas por transmitir esa paixón aos que te rodean. Isto creo que é o que sucede no meu caso co arte e as actividades plásticas en xeral. . . 


Ao final, como din @s cativ@s, sempre rematamos facendo "artistadas".
O caso é que agora non teño claro si desfruto máis eu ou eles, ou tod@s por igual. . .
Pero estou encantada de que estean contaxiados! ! !

Estas son algunhas das nosas derradeiras artistadas.

Comezamos polos paxariños de Primavera.


Fixemos oviños de Pascua.


Elaboramos un títere dun astronauta, no que as pernas do boneco son os nosos dedos.


E xa para rematar, fixemos unha Torre de Hércules.
Esta artistada quedáranos pendente do curso pasado, cando investigamos  o mar e falamos dos faros.


Foi un agasallo da profe Sandra e. . . agora por fin a fixemos! ! !
Grazas Sandriña!!! Botámoste de menos!!!

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario