jueves, 2 de abril de 2015

COUSIÑAS DO ESPAZO QUE AÍNDA NON CONTAMOS.

Este mes que rematou foi un pouco diferente posto que por motivos de saúde hai cousiñas que fixemos na aula que ainda non vos mostramos en imaxes, aínda que estou segura de que xa vos contaron.

 Os meu piratiñas tiñan moita curiosidade polos nomes das distintas constelacións e polo motivo polo que tiñan uns nomes tan "raros", según dicían eles.
Por iso botamos man dos EDILIM que tanto lles gustan e falamos de Mitoloxía Grega. . . jejeje
Sobra dicir que resultou unha xornada moi interesante.

Aqui vos deixo o enlace do xogo co que aprendemos moito. 
Pinchade abaixo onde pon "constelacións".


CONSTELACIÓNS

Por outra banda, estivemos buscando información e falando moito dos astronautas, dos seus traxes, de cómo respiran no espazo, cómo fan para ir ao baño,  etc.

Algunhas das cousas que aprendemos sobre eles plasmámolas neste traballiño.




Ademáis, Lucas trouxo un "TAPONAUTA" ! ! !
Isto é un gran invento no que gardamos todos os tapóns de plástico que imos xuntando nas merendas e que  se destinan logo a causas benéficas.


Grazas a Lucas e á súa familia por traballar tanto ! ! !

Ainda me quedan cousas por contarvos para ir poñéndonos ao día. . . así estade atent@s! ! !

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario