Os meus piratiñas xa van maiores, por iso , e xa que me parece importante que fagan funcionar os seus cerebriños e perdan o medo a falar en público, comezamos unha nova actividade.
Trátase de que inventen e conten un conto aos compañeir@s e para iso contan ca axuda dunha "caixa de inventar contos". Dentro da caixa hai 3 sobres: un con personaxes, outro con lugares e un terceiro con obxectos. Deben coller unha tarxeta de cada sobre sen mirar e contar un conto no que aparezan ese personaxe , ese lugar e ese obxecto.
Aqui tendes a Dani, que foi o engargado de romper o xeo, por ser o encargado ese día, e elexiu tres axudantas para suxeitarlle as tarxetas mentres el inventaba para tod@s un conto que tiña como protagonista unha fada.
As historias que foron saindo ata o momento foron todas moi máxicas e entretidas e ningún tivo vergonza nin se quedou en branco. . . porque son uns estupend@s contistas ! ! !
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario