Durante a semana quentamos motores para o Entroido cos mandadiños do Meco, así cada día da semana viñemos "adornados" á escola dun xeito diferente e moi orixinal.
Comezamos a semana con moito sono, en pixama e co noso peluche de durmir, pero guapíiiiiiiisim@s! ! !
Ao longo da semana fomos adornado cara , pes, cabeza . . .
Aqui vos deixamos unha pequena mostra.
Este día había nen@s que non viñeran coa cara pintada , pero ao chegar á escola cambiaron de idea e decidiron pintarse, así que. . . montamos o taller de maquillaxe na clase! ! !
Preparamos os complementos que tiñamos pensado levar o día do desfile: os paus de choiva e as cintas indias coas plumas.
Por fin chegou o venres de Entroido e xuntámos para degustar un rica merendola con produtos típicos de Entroido aportados polas familias.
Grazas pola vosa colaboración! ! !
Logo de xogar un rato nos recunchos, pintámonos e preparámonos para desfilar e bailar a danza da choiva ao redor do noso tótem xigante.
Desfilamos cos nosos paus de choiva e vimos as actuacións dos outros cursos.
Despois chegou o momento da nosa danza da choiva ao redor do noso tótem cos nosos paus de choiva.
E xa para rematar. . . só nos queda dicir que. . .
Grazas á nai de Xurxo e Antón por facerse cargo da miña cámara durante o desfile e o baile e sacar fotos das dúas clases.
Bicos choqueiros.
Bibi genial, se nota que os lo pasáis en grande en clase. Aprendiendo pero disfrutando a la vez.
ResponderEliminarMoitas grazas polo comentario!!! A verdade é que nestes últimos días pasámolo xenial.
ResponderEliminarBicos.
Bibi.