Esta entrada vai adicada por completo ás nosas sesións MUS-E que levamos feitas ata agora para que vos fagades unha idea do xeito de traballar e aprender nelas.
Ata agora só vos ensináramos a primeira, adicada a TEATRO, por falta de tempo para revisar e montar todas as fotos.
Pero. . .tomade asento que. . .se alguén está indeciso e ten dúbidas sobre vir o vindeiro venres á nosa sesión de portas abertas para as familias do alumnado, seguro que despois disto apúntase! ! !
Para comezar quixera deixarvos o enlace á súa páxina: http://fundacionyehudimenuhin.org/programas/mus-e/
E agora ímos ás sesións que ainda non vos ensinamos, unha por unha.
SESIÓN 2: DANZA
Nesta sesión con Chus preparamos o noso corpo para a Danza cun pequeno quentamento e estiramentos e logo bailamos a distintas alturas sempre aprendendo a respectar o espazo dos nosos iguais e aprendendo a escoitar e prestar atención.
Grazas Eva por sacar fotos, ao non estar pendente da cámara desfrutei como unha nena máis! ! !
SESIÓN 3: TEATRO
Nesta sesión de Teatro con Ramiro, seguimos practicando xogos de expresión corporal cos que traballamos o respecto polos nosos iguais e aprendemos a ter en conta os seus puntos de vista. E isto é ben importante, posto que non é algo que só deban aprender os nen@s. Se os adultos o practicásemos máis penso que teríamos un mundo mellor.
SESIÓN 4: DANZA
Nesta sesión con Chus seguimos estirando e preparando o noso corpo, bailando respectando o espazo dos nosos compañeiros, aprendemos que o espazo dos demais é importante non só para bailar (tamén para xogar, ir na fila, pola rúa. . . ), pero ademais xogamos a ser equilibristas en parellas e para iso. . . temos que ter moi en conta á nosa parella e traballar en equipo.
SESIÓN 5: DANZA
Nesta nova sesión de Danza con Chus seguimos preparando o noso corpo e estirándoo para logo bailar con panos: imitando a Chus, inventando nós bailes, bailando en espello (imitando á nosa parella). Pero para isto, primeiro tivemos que resolver un pequeno conflito que consistiu en atopar o xeito de que tod@s tivésemos un pano para danzar, e a solución para acadalo foi COMPARTINDO.
Nesta nova sesión de Danza con Chus seguimos preparando o noso corpo e estirándoo para logo bailar con panos: imitando a Chus, inventando nós bailes, bailando en espello (imitando á nosa parella). Pero para isto, primeiro tivemos que resolver un pequeno conflito que consistiu en atopar o xeito de que tod@s tivésemos un pano para danzar, e a solución para acadalo foi COMPARTINDO.
SESIÓN 6: TEATRO
Nesta sesión de Teatro con Ramiro comezamos como sempre contando o noso mellor momento da semana e logo xogamos ao Rei Baltasar e tiñamos que facer todo o que o Rei Baltasar dicía, para iso había que estar moi caladiños e atentos.Tras este xogo xurdiu explicar algúns dos nosos sentimentos e emocións.
Finalmente, fixemos maxia coa nosa imaxinación e convertimos unha silla nun barco pirata, un coche, unha moto, unha nave espacial, un sofá, un tobogán, unha montaña, etc e representamos este momento diante d@s nos@s compañeir@s.
Despois disto, só me queda dicirvos que vos agardo o venres día 10 de marzo na sesión MUS-E da nosa clase que comeza ás 9:50. Lembrade entrar pola porta principal e agardade diante de Secretaría que xa vos iremos a buscar para levarvos á aula e. . . non esquezades as mallas ou o chándal e. . . un segundo par de calcetíns para bailar! ! !
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario