Ao chegar ao Muncyt fomos recibidos polos seus guías robóticos: Marilú e Pepexán.
Descubrimos un sitio onde se poden "destripar" aparellos.
Vimos a primeira linterna óptica da Torre de Hércules.
Entendimos o funcionamento das antigas pianolas e vimos un acelerador de partículas.
Explicáronos o funcionamento das primeiras películas de cine. algo parecido a un xoguete de fai uns cantos anos que se chamaba "super cinexin" e que prometín ensinarlles na clase.
Vimos varias partes do avión Jumbo no que viaxou o Guernica de Picasso dende Nova Iork a Madrid o 10 de setembro de 1981, entre elas a turbina, parte dunha das súas ás, do fuselaxe, as caixas negras, etc. Tamén puidemos entrar na zona reservada á 1ª clase e ver a cabina dos pilotos.
Ao final da visita, fomos ao salón de actos do Muncyt, onde puidemos desfrutar dunha vidrieira de Jorge Peteiro con 48 cores diferentes, na que se se representa a Cidade da Coruña.
Aqui fixemos puzzles da vidrieira, tentamos atopar as diferencias entre unhas láminas e o debuxo real e xa para rematar, coloreamos unha parte da vidriera para logo montala ao completo na aula.
Aqui vos deixamos un resumo en imaxes da nosa apasionante visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario