Tendes que perdoar o retraso na publicación dalgunhas fotos , pero é dificil ter o blog totalmente ao día con tanta foto de taaaaantas cousas que facemos e ás veces xúntome con máis fotos que tempo libre para adicarme a isto cun pouco de tranquilidade e mimo.
Estas fotos son do Día Mus-e, cando tentamos facer visible con distintas actuacións de Danza e Teatro parte do traballado ao longo destes meses.
Primeiro tivemos a clase Mus-e coa profe Chus no ximnasio onde nos propuxo mediante o baile representar emocións como a tristeza e a alegría e tamén actitudes como a axuda aos que o precisan por estar tristes.
o equipo que representaba a alegría levaba pano amarelo e o que representaba a tristeza pegatina azul na camiseta.
Logo fomos ao Pavillón para ver distintas actuacións musicais en homenaxe ao fundador do Programa Mus-e, o gran violinista Yehudi Menuhin.
Tamén nós representamos o noso baile diante do público reunido no Pavillón, no que agardamos se vise parte do traballo de educación emocional feito durante todo o curso Mus-e.
Como as palabras tamén son importantes porque con elas tamén expresamos as nosas emocións e o noso sentir, o acto rematou cunhas palabras de distintas persoas implicadas dunha maneira ou outra neste proxecto. Entre esas persoas, falou Romina, a nai do noso amigo Nico.
Como representación do alumnado participante falaron Silvia e Jacobo que tentaron resumir nunhas poucas frases todas as cousas que dixemos nas asambleas que conseguimos aprender co Mus-e ao longo deste curso.
Aqui vos deixamos un resumo en imaxes de toda a xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario