Aproveitando o bo tempo, co que non apetece estar en sitios pechados, e como nos portamos moi ben, o mércores desfrutamos dos bambáns de maiores nos que ímos xogar o vindeiro curso.
Explicamos que, aínda que desta vez tiñámolos para nós soliños/as, para o vindeiro curso teremos que compartilos con outros compañeiros/as e tamén aprendimos onde están as quendas para saber qué días podemos xogar nos bambáns e qué días podemos xogar na pista ao futbol, baloncesto, brilé, balonmán, etc.
Aprendimos a beber na fonte. . .ou intentámolo, ás veces con máis chapuzóns que acertos porque fáltanos un pouquiño de práctica, pero como facía moita calor rápidamente secábase a roupa asi que foi moi divertido.
E . . .antes de entrar de novo á aula, fixemos a fila onde a fan os maiores de 1º! ! !
Ains. . . fanse maiores! ! !
No hay comentarios:
Publicar un comentario