lunes, 1 de mayo de 2017

RECICL+ARTE

A pasada semana recibimos a visita doutra profe que tamén se chamaba Bibiana, con ela aprendimos o perigosísimo que pode ser o plástico cando non se actúa correctamente e tamén coñecimos alternativas que podemos levar a cabo para empregar menos plástico no noso día a día.
Unha delas é utilizar para ir á compra as estupendas bolsas de tela que decoramos na aula cos tapóns de botella que trouxemos á escola.


Pensade que o plástico é un dos materiais que máis tarda en descompoñerse e ao mesmo tempo é un dos materiais que máis empregamos na nosa sociedade, xa que case todo ven nun envase feito con plástico.
Como dato para pensar en aportar o noso graíño de area, debedes saber que unha bolsa de plástico pode tardar 100 anos en descompoñerse e unha botella de plástico que estea enterrada pode tardar ata  1000.

No taller con Bibiana aprendimos o perigoso que pode ser o plástico para os animais e o importantísimo que é non deixar plástico tirado. Vimos imaxes coas que entendimos o dano que se pode causar aos animais cando non somos responsables.


Logo explicounos que para empregar menos bolsas de plástico podíamos levar á compra unhas bolsas de tela decoradas por nós con pintura especial de tela e a téctica do estampado con tapóns.


Coas bolsas xa rematadas e a secar, Manu Vila ensinounos un libro que temos na Biblioteca de aula no que él lembraba ter visto os efectos da contaminación e os plásticos nos océanos.



Aqui vos deixamos un vídeo resumo en imaxes do taller RECICL+ARTE.



Agardamos que usedes moito as nosas bolsas da compra e non esquezades ler os consellos para ter menos plástico nas nosas vidas que estaban colgados nas etiquetas que acompañaban ás bolsas. 


Grazas Bibiana por este estupendo taller.
Foi un pracer terte na aula.

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario