domingo, 7 de enero de 2018

ADORNOS DE NADAL 2017

Comezamos decorando o corredor que temos diante das nosas aulas coas bolas de Nadal que fixemos coas nosas familias. Empregamos distintas técnicas e estilos plásticos e na clase explicamos aos compañeir@s que foi o que fixemos para decorar o noso adorno e quen nos axudou.

Non saen tod@s nas fotos porque neses días moi@s estaban enfermiñ@s.

Estas son as bolas de Nadal na clase dos Piratas.


Aqui tendes as bolas de Nadal na clase das Xoaniñas.



Nas aulas reciclamos botellas de auga para facer uns renos que decorasen as nosas casas.





Tras este obrigado paréntesis seguiremos actualizando, pouco a pouco irei subindo as fotos que temos pendentes de amosarvos dos derradeiros días no cole antes das vacacións de Nadal.

Agardamos que pasásedes unhas Boas Festas, que os Reis Magos fosen moi xenerosos e que teñades un estupendo ano 2018.

Moitos bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario