domingo, 28 de enero de 2018

Aprendemos moitas cousas sobre os pitiños.

Grazas ás  familias, seguimos recibindo moito material para axudarnos nas nosas investigacións e estamos aprendendo moitísimas cousas sobre os pitiños.


Moitísimas grazas pola vosa axuda familias! ! !
Pouco a pouco tentamos ir vendo e xogando con todo o que nos mandades, léndolles a información e intercambiando entre as dúas clases as cousas que pensamos que poden resultar de interese, porque ademais así acostúmanse a compartir.

Investigamos tamén coa axuda de internet e atopamos vídeos cos que aprendemos moito.

Por exemplo, gustounos moito saber que fan os pitiños dentro do ovo antes de nacer.
Algúns pensaban que era moi aburrido non poder sair, pero despois de ver o vídeo xa entendimos que os pitiños dentro do ovo non teñen tempo para aburrirse, pois estanse preparando e o seu corpo estase formando. Igual que fixemos nós dentro da barriga das nosas mamás.




Vimos vídeos como o seguinte e observamos con moito interese como nacen os pitiños.



Gustounos moito ver como a mamá galiña ensinaba aos pitiños a comer miñocas.



Rímonos moito con este debuxo animado dun pitiño se facía amigo da miñoca en lugar de comela.


Despois puxémoos un pouco mais seri@s e formais para seguir coas nosas investigacións, pois Vera trouxo unha caixiña coa comida que toman os pitiños.
Pareceunos moi interesante que a manipulasen, comparasen, etc.
Esta foi unha das cousas que compartimos entre as dúas clases.
 Resulta moi gratificante comprobar como para el@s compartir estase convertindo nun hábito do mais natural e nas dúas clases el@s mesm@s piden  ensinar a información á outra clase.

Aqui nos tendes explorando e manipuando a comida dos pitiños.



Plasmamos algunhas das cousas que imos aprendendo no LIBRO DOS PITIÑOS.
Image result for gif pollito



Tamén cantamos e bailamos.




Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


2 comentarios:

  1. Que bueno! Están aprendiendo mucho.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo comentario! ! !
    É moita a información que atopamos e é difícil que reteñan todo, pero a verdade que son grupos con moita curiosidade e por iso saben xa moitas cousas.

    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar