lunes, 16 de mayo de 2022

CONTEXTO DE ARTE MAIO: VERSIONANDO A ROMERO BRITTO

 Esta semana  no Contexto de Arte fíxosenos curta, pero pasámolo xenial versionando obras de Romero Britto co noso toque de pincel especial.




Transformámonos en investigadoras/es por un día para atopar o tulipán agachado na imaxe e pintalo, poñendo a proba a nosa atención a concentración . E fixémolo xenial! ! !


Fixemos creacións artísticas con distintos materiais presentes na aula.


Seguimos elaborando portadas para os traballiños con moita ilusión.


Pasámolo xenial no patio xogando xunt@s.


E rematamos a semana levando para casa o venres o agasallo do Día da Familia, un bulbo de fresía que plantamos e temos que coidar con  moito agarimo e lembrar regar para ter unhas fermosas flores.


Seguiremos actualizando.
Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario