O luns no Contexto de Teatro seguimos aprendendo vocabulario de Outono- Samaín e inventamos e representamos contos curtos de medo.
O martes no Contexto de Casa-Pobo fixemos unha asamblea súper especial con xogos matemáticos e inventamos un monstro espantoso ao que despóis contámoslle os ollos, orellas, cornos, bocas, etc
O mércores no Contexto de Xogos-Proxecto, seguimos aprendendo de momemto cousas referentes ao noso corpo por fóra e Leilía ensinounos o seu maletin de doutora que trouxo para xogar no recanto do Proxecto,
O xoves no Contexto de Arte estivemos facendo a primeira parte dunhas cabazas estupendas que logo ímos rematar estilo Yayoi Kusama.
Durante toda a semana fomos recibindo cabazas terroríficamente bonitas.
Levámolas á exposición de cabazas terroríficas do cole.
Sabela trouxo unhas telarañas de chocolate para o concurso de postres terroríficos e unha vez rematado o concurso, e despois de merendar, dimos boa conta delas e gustáronos moito.
Visitamos todos os postres terroríficos que había no comedor unha vez rematou o xurado de deliberar.
Aproveitamos para facernos unhas fotos de grupo de recordo .
Ademáis , os cumpleañerir@s do mes de outubro fixeron un biscoito con axuda da profe Mónica co que nos convidaron a tod@s.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario