sábado, 25 de marzo de 2023

SEMANA DO 20 AO 24 DE MARZO

 Esta semana estivemos investigando o aparello dixestivo.


Por iso, estivemos vendo o seguinte vídeo:


No Contexto de Arte fixemos uns dentes de león moi especiais.


Tamén preparamos as nosas carpetas para os nosas tarefas artísticas.


Xogamos ao dominó de letras que nos trouxo Diego e pasámolo xenial.


Na Biblioteca xogamos no recanto maker, limos contos, pasámolo xenial cos Lego e cos imáns, e experimentamos coa realidade aumentada.



Comezamos algunha sorpresiña de Primavera. . .


Xogamos coas Mates dándolle prioridade ao aprendizaxe manipulativo.


E o venres rematamos a semana pasándoo moooooi ben co profe Ramiro facendo Teatro dentro do Programa Mus-e.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños.

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario