domingo, 9 de abril de 2023

OS XOGOS OLÍMPICOS

 A derradeira semana antes das Vacacións de Semana Santa a profe Ana ensinounos moitas cousas dos Xogos Olímpicos e tamén das/dos deportistas olímpicos que coidan moito o seu corpo e a súa saúde para participar nas Olimpiadas. Agora xa sabemos que o noso corpo é capaz de facer cousas marabillosas se o coidamos axeitadamente: comendo ben, facendo deporte e durmindo suficiente.


Coñecimos mulleres deportistas olímpicas en distintas disciplinas.


Sumamos cos distitos deportes olímpicos.



Fíxonos pensar moito averiguando qué parte do corpo se emprega en cada deporte.


En Arte fixemos os aros olímpicos e aprendimos qué significado teñen as distintas cores dos aros.


Aprendemos a facer uns dorsáis co noso número e o deporte no que nos gustaría participar.



Tamén recibimos a visita da Dragona Ramona que estivo na nosa biblioteca contándonos a historia de Grisela ás dúas clases de 5 anos xuntas.



Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario