domingo, 18 de febrero de 2024

CONTACONTOS : A MELLOR SOPA DO MUNDO

 Esta semana en 3 anos A tivemos un contacontos moi  especial. A mamá de Iria visitounos para contar o conto : A mellor sopa do mundo.


Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga  que, nese momento, poñía auga a ferver para preparar unha sopa.
Asi comezou esta marabillosa historia coa que descubrimos que a amizade, saber compartir  e a colaboración, resultaron ser o ingrediente segredo para facer a mellor sopa do mundo.





Despois do conto escoitamos a canción e a mamá de Iria repartiunos pegatinas do conto para tod@s! Pasámolo xenial! ! !
Grazas por vir  contarnos un conto Aurora!

Familias animádevos a vir e contarnos un conto! ! !

Biquiños


No hay comentarios:

Publicar un comentario