sábado, 23 de mayo de 2015

A VIDA É PURO TEATRO ! ! !

A verdade é, que a outra cousa que máis lles gusta no mundo mundial despois das artistadas, penso que debe ser o teatro.
Como lles digo moooooooitas veces: sodes moi teatreros e peliculeros ! ! !

Nas últimas datas presenciamos distintas representacións que aínda non vos amosamos.

Acudimos á Fundación Abanca para ver a obra musical: A nena e o grilo.


Grazas á profe Eva polas fotos, porque eu ese día non puiden asistir.


Tamén acudimos á Laboral para ver outra obra musical a cargo do grupo Bolboreta: De aqui para alá.
Todo o colexio acudiu a esta representación, e unha vez máis os maiores axudaron aos máis pequenos.

Nesta ocasión acudimos acompañad@s dos nen@s de 3º B da profe Emilia, e a min fíxome moitísima ilusión porque moitos del@s foron @s meus primeir@s Piratas da Ría, cando eu cheguei ao cole, e xunt@s comezamos a aventura do blog.

Grazas meus piratiñas grandes por acompañarnos polo camiño! ! !


Así de atent@s estivemos no teatro.


@s nen@s de 4º A que non participaran nas obras anteriores, fixeron unha breve representación teatral para nós na aula.

Unha vez máis encantounos, e xa estamos convencidos de que o alumnado de 4º ten madeira de artistas! ! !


Pero. . . o grande descubrimento foi a nosa Lena ! ! !
Trouxo uns títeres feitos por ela, repartiu os papéis entre os actores e actrices que ela mesma "contratou", e dirixiu e representou a súa propia obra de teatro de marionetas.
Asi tal cual. . . 
Por certo, a min contratoume e doume un pequeno papel. . . 
Grazas pola oportunidade Lena! ! !
De aqui a Hollywood ! ! !


Atención ao casting e reparto de papéis! ! !
E non perdades detalle que comeza a función.


Ah! non me quero esquecer!!! O argumento . . . de rabiosa actualidade. . . polo menos na nosa aula. 
Trataba dun cohete que parte cara ao espazo cargado de animais do máis variopinto.
Estou segura de que vai ser un éxito de taquilla! ! !

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario