lunes, 4 de mayo de 2015

DÍA DO LIBRO.

Para agasallar ás nosas familias polo Día do libro, elaboramos unhas fermosas rosas de plastilina e uns libros con imaxes de contos clásicos.


Despois do recreo participamos nunha actividade conxunta na que tod@s @s nen@s do cole, por parellas, lían un conto. 


Nun principio @s nen@s maiores do cole lian contos aos máis pequen@s. 


Pero. . . ao final. . . algúns animáronse a ler para os maiores ! ! !


Ao rematar a actividade os nosos amig@s maiores, da clase de 5ºB, agasalláronos cuns títeres como recordo desa lectura compartida.



Para facervos unha idea dos fermosos momentos compartidos mellor será que vexades o seguinte vídeo.

DÍA DO LIBRO 2015. on PhotoPeach


Bicos.


1 comentario: