A semana pasada, Barrigoso visitounos con novos contos e novas sorpresas no seu coloutriño máxico.
O luns comezamos por contar como nos sentimos e colocar o noso nome no emocionómetro.
Logo desvelamos o misterio do "Buzón con corazón" e fomos mirando cada un no noso buzón quén nos regalara un bico a sesión anterior.
Había bicos de todas as cores e para tod@s e. . . ata algúns que se regalaron bicos a eles mesmos! ! ! ja ja ja. . . que tremendos! ! !
Do coloutriño máxico saiu un conto moi especial: O cazo de Lorenzo.
Deixámosvos aqui unha versión do conto que atopamos en YouTube.
Escoitamos con atención a Adriana mentres contaba o conto.
A nós tamén hai cousas que nos custan facelas. Escribimos estas cousas nun cazo como o de Lorenzo.
Ao día seguinte retomamos o conto, esta vez na pizarra dixital.
Igual que lle pasaba Lorenzo no conto, que lle axudaron a levar o cazo meténdoo dentro dun bolso, nós tamén temos xente ao noso redor que nos axuda cando o precisamos.
Escribimos no bolso quén nos axuda e a qué.
As nosas ideas quedaron así plasmadas.
O venres recibimos de novo a visita de Barrigoso.
Esta vez tróuxonos o conto de : El pez Arcoiris.
Aqui vos deixamos tamén unha versión deste conto que atopams en YouTube.
Escoitamos con moita atención o conto.
Logo chegou o momento das confesións! ! !
Agora xa sabemos moito de emocións e por cada confesión que facíamos (de cándo nos sentimos trsites, ledos, asustados, etc) podíamos coller un sobre da caixiña.
A duras penas aguantamos ata ter tod@s confesión feita e sobre na man e logo. . . preparados, listos e. . . abrimos sobres tod@s xunt@s! ! !
Algúns sobres tiñan dúas escamas brillantes como as do peixiño do conto, outros tiñan unha escama e outros. . . non tiñan nada! ! !
A xente á que lle tocaran dúas escamas compartiu cos amig@s que non tiñan ningunha.
Logo dun momento moi bonito e solidario, tod@s rematamos cunha escama brillante e pegámola no noso debuxo do "Pez Arcoiris". Despois completamos o debuxo coloreando.
E agora, un vídeo resumo destas sesións.
NOVA VISITA DE BARRIGOSO on PhotoPeach
Bicos e boa semana.