domingo, 15 de noviembre de 2015

MAGOSTO 2015

Este venres celebramos a festa do Magosto na escola.

Os nenos e nenas maiores de 6º explicáronos xogos moi divertidos e xogaron con nós, sacamos fotos no "castañomatón", comimos castañas e bailamos ao son da música no fin de festa.



Aqui vos deixamos unha selección de fotos de todo o que fixemos.

Preparamos as nosas coroas do Magosto ao longo da semana e os porta-castañas.


Grazas a todas as familias pola vosa colaboración enviándonos os cartóns de leite! ! !

Na festa comezamos afinando a nosa puntería cos distintos xogos de encestar castañas que nos propuxeron os nenos e nenas maiores.


Os nosos super-axudantes maiores acompañáronos ao "castañomatón"  para que nos sacásemos fotos tod@s. 


Grazas á profe Eva por facer de fotógrafa! ! !


Comimos castañas asadas grazas á colaboración da ANPA, Alfredo e o profe Vicente.


Grazas Adriana polo moito que nos axudaches a pelar as castañas! ! !


Fin de festa con música ! ! !


Este é o vídeo resumo do Magosto.

MAGOSTO 2015 on PhotoPeach

Posados do Magosto NO "CASTAÑOMATÓN"

FOTOMATÓN 2015 on PhotoPeach

Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario