Comezamos a semana co espectáculo "Cántoche un conto".
Acudimos guapiiiiiiisim@s cas nosas coroas de arañas!!!
Estivemos moi atent@s durante a actuación.
Recibimos cabazas terroríficas para adornar a nosa escola.
Ao comezo. . . timidamente ían chegando a pouquiños. . .
E logo varias xuntas. . .
Ao final, o recuncho adicado á exposición de cabazas na entrada estaba quedando tan bonito, coas cabazas de todas as clases de Infantil, que decidimos visitalo.
Se pinchades sobre a foto de grupo podedes vela máis grande.
Axudamos a escribir as cartas para informar ás nosa familias de que o xoves podíamos vir disfrazados á escola.
Fixemos moitos adornos de Samaín: para decorar a aula de Música para os Contacontos, para os corredores, para casa, etc.
O mércores, na Aula de Música reconvertida en escenario arrepiante, aprendimos e escenificamos unha poesía de Samaín e escoitamos un conto dun monstro moi especial.
Chegou o xoves e posamos cos nosos disfraces.
Tomamos a nosa merenda de Samaín e gustaríame agradecer especialmente á familia de Lucía todo o que traballaron para participar desta festa, tanto con Lucía como coa súa irmá Sofía que está en 1º.
Preparamos os nosos puzzles do Samaín para xogar na casa nesta ponte.
E para rematar unha semana arrepiante e trepidante, cantamos e bailamos cos nosos disfraces no patio.
E agora, tomade asiento que chegan os vídeos.
Samaín 2015 (1ª parte) on PhotoPeach
Samaín 2015 (2ª Parte) on PhotoPeach
Samaín 2015 (3ª Parte) on PhotoPeach
Desfrutade da ponte e. . . lembrade traer fotiños de cousas coa letra i.
Moitos bicos.
Madre mia que medo!!! terrorificamente lindos todos !!! jejeje gracias BIBI.
ResponderEliminarRomi
Graciñas a ti polo comentario e pola vosa participación activa en todas as actividades propostas! ! !
ResponderEliminarBicos.
Bibi.