domingo, 22 de noviembre de 2015

BARRIGOSO, ADRIANA E AS EMOCIÓNS.

De novo a profe Adriana e o seu trasno Barrigoso sacaron do coloutriño máxico moitas sorpresas.

O luns comezamos a semana co conto: Mamá, ¿de qué color son los besos?


Escoitamos con atención o conto.





Logo de falar sobre o conto,  colocamos cada bico no seu sitio do arco da vella, según a súa cor.


Adriana e Barrigoso tamén trouxeron o "Buzón con corazón".
Explicáronos que serve para deixarlle mensaxes a outros amig@s da clase.


Estreámolo xa mesmo, preparando un bico para agasallar a un amig@.
Ao tempo, comimos como larpeir@s bicos de gominola aos que nos convidou Adriana.


Aqui vos deixamos un vídeo do conto  que se atopa en YouTube.



O venres, rematamos a semana co conto:  Sacapenas.


Pero antes de nada, quixéramos contarvos qué é un sacapenas.


Nesta sesión, comezamos novamente por escoitar  o conto con atencíón.
Tiñamos con nós á profe Nerea que tamén nos axudou.


Logo de falar sobre o conto, fixemos o noso propio "sacapenas", non con forma de boneco, senón como un atrapasoños para colgar las nosas habitacións.


Grazas á profe Nerea por axudarnos a facelos e á profe Mila por axudarnos a gardalos no sobre para levalos sen que rompesen.

Aqui vos deixamos un vídeo do conto que aparece en YouTube, contado por nen@s doutro colexio.



E agora, o vídeo resumo destas dúas sesións de emocións.

BARRIGOSO, ADRIANA E AS EMOCIÓNS on PhotoPeach

Bicos e boa semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario