lunes, 30 de noviembre de 2015

NOVA VISITA DE BARRIGOSO CON CONTOS NOVOS

A semana pasada, Barrigoso visitounos con novos contos e novas sorpresas no seu coloutriño máxico.

O luns comezamos por contar como nos sentimos e colocar o noso nome no emocionómetro.


Logo desvelamos o misterio do "Buzón con corazón" e fomos mirando cada un no noso buzón quén nos regalara un bico a sesión anterior.


Había bicos de todas as cores e para tod@s e. . . ata algúns que se regalaron bicos a eles mesmos! ! ! ja ja ja. . . que tremendos! ! !

Do coloutriño máxico saiu un conto moi especial: O cazo de Lorenzo.


Deixámosvos aqui unha versión do conto que atopamos en YouTube.



Escoitamos con atención a Adriana mentres contaba o conto.


A nós tamén hai cousas que nos custan facelas. Escribimos estas cousas nun cazo como o de Lorenzo.


Ao día seguinte retomamos o conto, esta vez na pizarra dixital.
Igual que lle pasaba  Lorenzo no conto, que lle axudaron a levar o cazo meténdoo dentro dun bolso, nós tamén temos xente ao noso redor que nos axuda cando o precisamos.
Escribimos no bolso quén nos axuda e a qué.


As nosas ideas quedaron así plasmadas.


O venres recibimos de novo a visita de Barrigoso.


Esta vez tróuxonos o conto de : El pez Arcoiris.


Aqui vos deixamos tamén unha versión deste conto que atopams en YouTube.



Escoitamos con moita atención o conto.


Logo chegou o momento das confesións! ! !
Agora xa sabemos moito de emocións e por cada confesión que facíamos (de cándo nos sentimos trsites, ledos, asustados, etc) podíamos coller un sobre da caixiña.


A duras penas aguantamos ata ter tod@s confesión feita e sobre na man e logo. . . preparados, listos e. . . abrimos sobres tod@s xunt@s! ! !


Algúns sobres tiñan dúas escamas brillantes como as do peixiño do conto, outros tiñan unha escama e outros. . . non tiñan nada! ! !
A xente á que lle tocaran dúas escamas compartiu cos amig@s que non tiñan ningunha.


Logo dun momento moi bonito e solidario, tod@s rematamos cunha escama brillante e pegámola no noso debuxo do "Pez Arcoiris". Despois completamos o debuxo coloreando.


E agora, un vídeo resumo destas sesións.

NOVA VISITA DE BARRIGOSO on PhotoPeach

Bicos e boa semana.

2 comentarios:

  1. Me encantan estos campeonas, son unos autenticos artistas, Bicos a todos

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polo comentario!!!
    A verdade é que son uns piratiñas moi dispostos! ! !

    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar