domingo, 15 de noviembre de 2015

O MONSTRO DE CORES

Tivemos unha nova sesión adicada ás emocións con Adriana e o trasno Barrigoso. Marina que faltou o primeiro día coñeceuno por primeira vez.


Adriana e Barrigoso trouxeron cogomelos do monte Fragoso para ensinarnos.
Tiñan tamaños e cores diferentes.


Logo liunos o conto: O monstro de cores.




Do coloutriño máxico seguiron saindo sorpresas.
Adriana sacou unha caixa co monstro de cores con toooooodas as emocións feitas un lío.
Fomos sacando emoción por emoción e ordeándoas en tarriños.



Logo de lembrar un pouquiño o conto e colocar os nosos nomes no emocionómetro, indicando cómo nos sentíamos, fixemos un traballiño no que había que pintar cada tarro como no conto.


Aqui tendes un vídeo resumo da nosa sesión de EMOCIÓNS.

O MONSTRO DE CORES on PhotoPeach

Tamén vos deixamos o enlace a  un xogo do conto por si vos apetece lembralo e pasar un bo rato.


Bicos e boa semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario