viernes, 1 de noviembre de 2013

CHEGOU O . . .

samain
O primeiro que fixemos ao chegar, antes de perder o maquillaxe con tanta festa, foi sacar unha foto de grupo no hall do cole, decorado para a ocasión. . . 

As profes decidiron ser un pouco bruxas por un día. . . porque o resto do ano pórtanse moi ben. . . 


A verdade é que tod@s metíamos medo. . . 


Pero a festa comezou días antes. . . cando unha cabaza misteriosa apareceu na nosa porta. . . 
Graciñas á Profe Pilar pola super cabaza ! ! ! 


O primeiro que fixemos foi tomarlle a medida á nosa maneira. . . ja ja ja. . . pero só Lucas foi capaz de levantala ! ! !
E ao final acabamos por decorala.


Fixemos uns mouchos para que asustasen a todo o que pasaba por diante da nosa clase. . . 
BUUUUUUUU !!!!


E tamén banderíns de caveiras e cabazas para ambientar o colexio. . . 


Pero a nosa clase tamén necesitaba decoración, polo que fixemos unhas cabazas moi divertidas.


E trouxemos cabazas decoradas de casa para meter moito meeeeeedo. . . 


Fixemos morcegos para levar a casa. . . 


Fixemos xogos do Samaín na pizarra máxica . . . 


E visitamos a supermesa cos postres do concurso. . . ao tempo que nos caía a baba. . . e tiñamos ganas de comelos tooooooodos ! ! !


E a verdade é que teño tantas fotos esta semana . . . que eu si que me asustei ao descargalas no ordenador. . . e seleccionalas está difícil. . . Asi que alá van os vídeos. . . non vos queixaredes. . . 

SAMAÍN 1ª PARTE. on PhotoPeach

E  a segunda parte da sesión de fotos. . . 

SAMAÍN 2ª PARTE on PhotoPeach

Graciñas á familia de Anxo polo postre para participar no concurso e que comimos o mércores, tamén á familia de Rita polas torrijas que nos mandaron tamén para merendar o mércores, á familia de Jennifer polos chupas de ollos que levamos nos cucuruchos e á familia de Lucas polas moedas de chocolate que tamén levamos nos cucuruchos.
Como vedes foi un día de poñerse as botas con larpeiradas. . .  por iso os cucuruchos cas chuches que se repartiron no cole, os chupas de Jenny, as moedas de Lucas e os caramelos do cumpre de Astrid tratei de que fosen pechados. . . e dixen que eran para comer na casa. . . pero. . . ¿chegarían a casa ???

Aqui vos deixo un enlace para xogar a facer monstruos.


Estos son os patróns das cousas que fixemos.
(Olvidei o moucho no cole, tratarei de subilo a vindeira semana)

 


Que teñades unha boa ponte.
Vémonos o mártes.

Bicos.




2 comentarios:

  1. Bibi
    O primeiro agradecerche o enorme traballo que estas facendo con e polos nosos nen@s,e dicirte que me encantou todo dende como decoraron a clase coas cabazas,os mouchos os morcegos e as caveiras.Sorprendidisimo coa fermosa mesa do concurso e encantado das fotos e os videos. Novamente grazas bibi

    ResponderEliminar
  2. Graciñas a tod@s polos vosos comentarios nos vídeos e na entrada.

    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar