sábado, 30 de noviembre de 2013

OS REIS MAGOS XA ESTÁN TOMANDO BOA NOTA . . .

Quixera comezar a entrada de hoxe contándovos que os Reis Magos, que todo o ven e todo o saben, xa están tomando nota, pois o noso comportamento nesta semana non foi especialmente bó.
Nin ca nosa profe, nin especialmente ca profe de inglés, nin no comedor.
Tanto foi así, que o venres non houbo sesión de cine e . . . tardamos un chisco máis que os demáis en saír ao patio, pois a estas alturas da película temos que saber sentarnos, merendar sentados, non berrar na clase, escoitar cando nos falan, non falar nin berrar por riba dos demáis, recoller cando nos mandan, non pasar o día acusando aos demáis pero descoidando o noso comportamento,  etc.


Pero o fundamental é saber escoitar, xa non porque estamos na escola, senón como un aprendizaxe para a vida, e como sinal de respecto cara á persoa que nos está falando. E isto tería que ser asi na casa e na escola.
Por favor, non deixedes que falen por riba de vós, que se acostumen a escoitar e agardar a que os demáis rematen de falar para facelo el@s. É un hábito máis importante que todas as letras do mundo, que teñen toda a vida para aprendelas !!!

E agora si, contereivos ademáis que esta semana recibimos a visita da Dragona Ramona.
Contounos o conto de "Rosa Caramelo", e gustounos moitíiiiiiiisimo.


Tentamos ordear e pegar correctamente as letras do apelido de Jorge Peteiro. A bruxa Pepita, que é moi bromista, desordeounas todas e tivemos un pouco de lío para colocalas.


E aprendimos as fases no desenvolvemento dos peixes.
Somos case biólogos mariños. . . 


E  no rincón de plástica, algúns de nós, tivemos tempo de facer a Bob Esponxa e levalo para casa !!!


Hoxe non toca vídeo porque estou cun super-catarrazo e . . . entre que me choran os ollos . . . e necesito unha man para sonarme cada 3 segundos. . .  non teño ánimo. . . 



Boa semana.

Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario