sábado, 9 de noviembre de 2013

VERSOS DO MAR.

Esta semana,  a profe Sandra prestounos un libro fermosísimo de versos do mar e. . .  enganchámonos á poesía ! ! !


A verdade é que ten versos preciosos e moi axeitados para a nosa idade, cos que ademáis aprendemos cousas relacionadas co mar ou lembramos outras que xa sabemos.
Un dos que máis nos gustou, foi o que estaba adicado á balea.
Despóis con témpera  e paliños dos de limpar os oídos, pintamos a nosa balea azul.


Pero ademáis precisamos mellorar a nosa atención, traballar en equipo, colaborar e respectar os xoguetes.
E qué mellor forma de facelo que tentando facer puzzles do mar por equipos !!!


Seguindo un pouco co tema de respectar os xoguetes e materiais de clase, cambiamos de compañeir@s nos equipos de xogo - traballo nos rincóns. Esta vez os equipos fíxoos a profe ! ! !E o cambio parece que funciona, pois van aparecendo as personiñas que non coidaban moito as cousas. . . Ejem. . . 

Aquí vos deixamos un vídeo que resume esta semana curta pero intensa.

VERSOS DO MAR. . . on PhotoPeach

E aqui vos deixamos a plantilla do traballiño ca poesía da balea.


Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario