Como xa sabedes onte celebramos o Magosto na escola, así que esta semana adicámola aos preparativos e . . . a xogar moito cas letras.
Dende hai un par de semanas, temos un puzzle de letras que ten moitas pezas e que tentamos facer enteiro . . . .
Pero que se nos resiste. . .
Ata que chegaron estes 3 mosqueteros e. . . conseguírono ! ! ! Noraboa campións ! ! !
Tamén tentamos escribir palabras cas letras dos caixóns.
E temos un xogo novo de peixes para asociar maiúsculas con minúsculas.
Mirade qué ben o facemos !!! E para o curso próximo, engadirémoslle as letras de imprenta.
Pero ademáis, a profe Pilar trouxo unhas fotos chulísimas para facer un mural do Outono no pasillo.
Nós colaboramos pintando as letras, entre as dúas clases, e tamén castañas para decorar o mural e o xogo de encestar que fixemos para o día da festa e. . . facendo unhas coroas para estar ben guap@s !!!
Puxémonos as botas comendo castañas ! ! !
E despóis, para baixar o que comimos e escorrentar o frío. . . xogamos a encestar castañas nunha caixiña.
E non temos mala puntería ! ! !
A profe Lola e o profe Antonio estiveron axudándonos na festa do Magosto.
Pero ademáis, entre as mamás da ANPA que estiveron toda a mañán traballando para atender o lume e facernos unhas castañas riquísimas, estaba Ana, a mamá do noso Ian.
Graciñaaaaaaas ! ! !
Pero si non queredes perder detalle, mellor poñede o vídeo . . .
Graciñas polo comentario no vídeo.
ResponderEliminarBicos.
Bibi.