sábado, 11 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 12

 Oooooola familias!

Aqui está a apertura do sobre número 12, que lle tocaría abrir a Martina.



Como podedes ver unha das tarxetiñas ten a palabra para traballar linguaxe oral e escrita. Hoxe toca a palabra : VELAS
Igual que facíamos na aula podedes comezar falando do significado da palabra para ver si a coñecen, comentarlles que existen distintos tipos de vela con distintas funcións ( velas de alumear e dar luz, velas dos cumples, velas dos barcos...), buscar palabras que comecen pola letra V tamén e que as escriban coa vosa axuda, etc

Aqui vos deixo un vídeo cunha proposta de actividade plástica para facer unha vela de xeito moi sinxelo con cousiñas que podedes ter na casa.


Na segunda tarxetiña aparecía a proposta para facer en familia: facer un tarro dos desexos.
Sería bo que pensen non en desexos de xoguetes que pedir aos Reis Magos ou Papá Noel; senón en desexos non materiais: con quén lles gustaría dar un paseo especial e a onde irían, si puidesen ter superpoderes para axudar aos demáis cal quererían ter e en qué axudarían, a quén lles gustaría convidar a unha comida especial e con quén sería, etc

Aqui vos deixo un par de modelos de etiquetas que podedes imprimir para que poñan o seu nome e pegar no seu tarro dos desexos.



Aqui vos deixamos tamén algunhas fotiños das que nos ides mandando facendo as propostas destes días.


Thiago fixo a carta a Papá Noel e animouse tamén a escribir e facer un debuxo da palabra que saíu no sobre número 10.


Tamén fixo moitas postais de Nadal  diferentes.
Moi ben Thiago! ! !
Estás feito un artista! ! !

Eu compártovos un vídeo con unha idea máis por si vos apetece facer unha postal de Nadal cunha foto vosa.


E aqui tendes o patrón para descargar e imprimir.

Moooooitos biquiños.

Bibi



No hay comentarios:

Publicar un comentario