sábado, 18 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 18 E NOVAS PROPOSTAS

 Como somos unhas mulleriñas moi dispostas, onte Jennifer e eu xa abrimos o sobre de hoxe para telo todo listo.


Aqui tendes o contido dos sobres.


A palabra do día é : CAMPANA
Como xa temos buscado moitas palabras que comezaron pola letra C, propóñovos falar do seu significado e facer a seguinte manualidade de Nadal.


Aqui vos deixo o enlace coa explicación para facelas.



A segunda tarxetiña tiña unha proposta para facer en familia estupenda : CHAMAR A ALGÚN FAMILIAR.

Aqui vos deixo outras propostas para aprender xogando:

 1 - A  xogar coas rimas como no cole! ! ! Hai que decir en voz alta o nome do debuxo que aparece no modelo e logo os nomes dos que aparecen abaixo e descubrir cal  dos 4 que nos amosan rima co modelo. 




2- Agora un xogo de Nadal para atopar o debuxo diferente. Moita atención ao vídeo e. . .a xogar! ! !



3 - Adiviñas de Nadal. 
Escoitade con atención para acertar coa adiviña ! ! !


4- Para que Papá Noel e os Reis Magos vos coñezan un poquiño mellor, déixovos esta idea para imprimir e cubrir e logo mandarlles.




Tomade asiento agora que comeza o Photocall de Nadal.



Diego aprende xogando coas nosas propostas interactivas e fixo uns ourizos con moooooooito corazón! ! !


Tamén siguen ao pé da letra as propostas do calendario de Advento e déronse moitas apertas ben apretadiñas ! ! !


Jennifer fixo o boneco de neve que lle quedou fermosísimo .
Moi ben Jenny! ! ! Estás feita unha campeona! ! !


Despois de ver o conto : ASI ES MI CORAZÓN , o Chef  Allen fixo uns corazóns para chuparse os dedos. Mmmmmm. . . que pintaza! ! !


Tamén estivo xogando coas letras e os números e lembrándose moito de tod@s os/as compis.


Daniella construíu unha cheminea moi nadaleira e nela colocou un buzón para deixas as súas peticións aos Reis Magos e Papá Noel.


Onde deixarían á gatiña Elsa esta vez? ? ?
Elsaaaa! ! ! Non estarás metida no buzón? ? ?
jajaja. . .

Moitos biquiños

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario