martes, 7 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO, DÍA 7

 Esta vez, para a apertura do sobre número 7, Alba elexiu ao elfo Adrián.

A cara de Adrián iluminouse cando descubriu o contido das tarxetas.

O contido dunha das tarxetas  era para traballar a linguaxe na aula con vocabulario propio destas datas, e poñía: Papá Noel. Non se cansaban de falar do que lle ían pedir, de como viaxaba en trineo voando, dos renos, do traxe vermello, etc

Na outra tarxeta a proposta para facer hoxe en familia: escribir a carta aos Reis ou a Papá Noel.

Ídevos preparando porque moitos e moitas dixeron que mellor escribían dúas cartas:  unha carta para os Reis e outra para Papá Noel. Así que a escribir todo o mundo! ! !



Aqui vos deixamos algunhas das fotos que nos ides mandando das propostas en familia.
Grazas a tod@s pola vosa implicación! ! !

Sabela xogou mooooito en familia, pero non esqueceu facer a árbore, a bola de Nadal e o tarro das grazas.



Thiago decorou a casa en familia, fixo unha bola moi fermosa e tamén unha postal para a avoa que estaba de cumple. Parabéns á avoa de Thiago! ! !


E Diego fixo unha bola preciosisimaaaaa! ! !



Animádevos a mandarnos fotiños! ! !

Mañá desvelamos o contido do último sobre desta ponte.

Biquiños

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario