jueves, 2 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO.

 Como xa sabedes estamos tentando deixarnos levar pola maxia do Nadal e recuperar ese nen@ que tod@s levamos dentro.

Onte montamos a nosa árbore/calendario de advento.

Cada día abrimos o sobre co número correspondente e sacamos dúas tarxetas. Nunha das tarxetas hai unha palabra relacionada co Nadal que nos serve para falar na aula e traballar linguaxe oral e escrita. Na outra tarxeta hai unha proposta para facer en familia.

Onte na primeira tarxeta saiu a palabra "acebo" e na segunda a proposta de facer unhas árbores de Nadal en familia. Os/as encargad@s son quen nos axudan a abrir o sobre e sacar as tarxetas con toooooooda a ilusión do mundo.




Hoxe abrimos o sobre número 2 da nosa árbore de Advento e... Apareceron a palabra turrón, da que falamos longo e tendido e xa temos claro que lles gusta moito e son tod@s mooooi larpeir@s. Tamén apareceu a proposta en familia de hoxe que era facer un picnic no salón!!!
Agardamos que o pasárades xenial no picnic! ! !





Animádevos a mandarnos as fotos coas propostas en familia! ! !

Biquiños

Bibi




No hay comentarios:

Publicar un comentario