Seguindo a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do colexio, coa proximidade da festa do Samaín, estivemos achegándonos á Cultura Castrexa.
Para iso estivemos vendo o seguinte vídeo co que aprendimos moitas cousas.
No contexto de Teatro , como xa sabedes, fixemos uns trísceles en barro , que esta semana unha vez que estaban secos preparamos cun cordel para facer colgantes, levar á exposición Castrexa do cole e levar para a casa.
Visitamos a Exposición Castrexa do cole e escoitamos as explicacións dos maiores que nos ensinaron moitas cousas sobre o tema.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños.
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario