Esta semana no Contexto de Teatro, xogamos á "Palabra secreta", inventamos e contamos aos compis unha pequena historia sobre o Monstro de cores, fixemos puzzles e debuxamos parabras que comecen polas vogáis.
O martes no Contexto casa-pobo : xogamos coa ruleta a colocar cada produto na tenda na que se poden vender-mercar, fixemos a lista da compra e fomos mercar, xogamos co número 2 protagonista, ordenamos a recta numérica e asociamos número-cantidade, etc
En Arte comezamos a facer uns cadros de Outono dificilísimos.
No Contexto de Xogos: amosamos aos compis as aportacións que trouxemos para investigar o Proxecto do corpo humán, exploramos o que trouxeron os compis das outras clases de 4 e 5 anos, comezamos o Libro do medo porque xa se achega o Samaín e xogamos e aprendemos moito.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario