Esta semana que remata, o luns no Contexto de Teatro: seguimos aprendendo vocabulario de Outono, escribimos na imprenta cos cuños de letras, fixemos puzzles chulisimos e inventamos historias que logo ilustramos e contamos aos compis.
O martes no Contexto Casa-Pobo fixemos a lista da compra para ir mercar ao supermercado e xogamos ao número protagonista.
O mércores no Contexto de Xogos , o que máis nos gustou foi xogar a preparar unha rica sopa de Outono. Para cociñala ben, había que prestar moita atención á receita e contar cántos ingredientes precisamos e de qué tipo. Tamén iniciamos a motivación previa ao Proxecto do Corpo.
Xoves e venres tocounos facer unhas artistadas moi divertidas no Contexto de Arte.
E aqui vos deixamos por petición popular a canción do Outono que estamos cantando e que lles encanta:
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario