viernes, 21 de octubre de 2022

ACHEGÁMONOS AO SAMAÍN E TRABALLAMOS O MEDO

 Esta semana que remata, como xa falta pouquiño para o Samaín estivemos facendo moitas actividades relacionadas coas nosas emocións, especialmente co medo.

O luns, no contexto de Teatro eleximos unha palabra das tarxetas para escribir e debuxar  cando nos tocou estar na Imprenta.



Aprendemos vocabulario relacionado co Samaín e tentamos escribilo.



Fixemos puzzles



 Eleximos qué cor representa o medo para nós, logo por equipos inventamos unha historia de medo e representámola caracterizad@s ao resto dos compis da aula.



O martes no Contexto de casa-pobo xogamos coas cartas de números do Monstro de Cores: ordenámolas de maior a menor e de menor a maior, tamén contamos  colocamos unha pinza no número correspondente.





Xogamos e aprendemos cos números.


Facemos reconto da mercancía do supermercado, facemos a lista da compra , imos comprar, poñemos a mesa, etc






Tamén ordenamos a regletas por tamaños e clasificamos a mercancía según o lugar onde se pode mercar.




O mércores no Contexto de xogos-Proxecto: fixemos uns esqueletes para decorar a porta da nosa aula de referencia e tentamos buscar as etiquetas correspondentes para escribir o nome de cada parte do corpo no seu sitio.






Ademáis , presentamos aos compis o material que trouxemos para investigar o corpo e colocámolo no recanto do Proxecto.







O xoves no Contexto de Arte: fixemos unha degustación de froitos do Outono (Confesión: houbo quen non quixo degustar nada. . . jejeje), tamén ulímolos e comparámolos, e logo estampámolos con pintura.
Comezamos a traballar Os Castrexos, tal e como se propuxo por parte do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do cole e comezamos a elaborar uns trisceles no recanto de modelado.












O venres repetimos no Contexto de Teatro: seguimos inventando historias terroríficas en grupo e representámolas para @s compis e seguimos a traballar vocabulario de Samaín.








Somos xeniais facendo puzzles! ! !


E comezamos a traballar en Música " La sinfonía de los animales", polo que xa coñecimos ao "maestro ratón" e conseguimos adiviñar cal era o instrumento que se agachaba tras o enigma número 1.
(Por favor, si coñecedes o libro e a dinámica da actividade non lles desveledes os enigmas, porque trátase de ir descubríndoos xunt@s na clase)







Seguiremos actualizando. . .

Biquiños

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario