Nestes días estivemos falando de novo da amizade.
Traballamos o conto: "Pastel para enemigos".
Con este conto aprendemos a resolver de forma positiva os conflitos e a convertir os impulsos de vinganza no inicio dunha bonita amizade.
Tamén traballamos a amizade dun xeito máis práctico, pois a tod@s nos gusta que nos digan o que facemos ben e destaquen as nosas cualidades positivas, e iso foi o que fixemos.
Estivemos preparando unha carta para o noso mellor amigo ou amiga, explicándolle os motivos polos que nos gustaba ser amig@s del ou dela.
Aqui nos tendes decidindo o/a destinatario/a da nosa carta.
Xurxo parece que xa o ten claro e está que bota fume. . . desexando coller a carta antes que ninguén. . . jajaja...
Este foi o momento da elección. Fomos á mesa do noso amig@ e collimos a carta destinada a él/ela.
Coa carta para o noso amigo/a na man, sentámonos a preparala tranquilamente e con mimo.
Aqui nos tendes ben concentrados preparando a carta, coidando incluso que sexa un segredo e unha sorpresa para o seu destinatari@.
Por último, dobrámola con esmero e gardámola no buzón do noso amig@.
Ese día faltaron algúns nenos/as e seguimos tendo compis maliños, así que como non nos damos xuntado tod@s e a "gracia" é que tod@s teñan unha carta que sacar do seu buzón, aínda non abrimos a corresponencia e estamos desexándoo! ! !
Aqui vos deixamos un vídeo resumo en imaxes.
AMIZADE on PhotoPeach
Grazas ao profe Óscar por facer de fotógrafo e á profe Eva pola súa axuda para facer as cartas aos amig@s ! ! !
Bicos.
Otra de las geniales ideas para trabajar las emocines! Nos encanta el buzón con corazón!!!
ResponderEliminarGrazas polo comentario! ! !
ResponderEliminarPrecisamente hoxe revisamos o correo para ver si tiñamos carta. jajaja. . .
Foron momentos moi divertidos e emocionantes.
Bicos.
Bibi