domingo, 3 de abril de 2016

PLANTAMOS A MANOLO NO PASEO DO BURGO E. . . UNS CHÍCHAROS NA CLASE.

Que ninguén se asuste que non deixamos a ninguén plantado no Paseo ! ! !
Este venres fomos ao Paseo do Burgo a plantar unha árbore, como parte do Proxecto Voz Natura no que participa o colexio.
Nada máis rematar de plantala o profe Vicente preguntounos qué nome lle íamos poñer e tod@s a unha dixemos: Manoloooooo ! ! ! E Manolo quedou alí plantado ! ! !


Ao rematar de plantar e pisar ben a terra descubrimos unha miñoca e foi todo un acontecemento ! ! !
Houbo que sacarlle unha foto e poñerlle nome á miñoca tamén, e decidiron chamarlle Marco.
Despois de despedirnos de Manolo e Marco , e prometer que íamos voltar para visitalos coas nosas familias, voltamos ao cole coa axuda de novo da Policía, de Protección Civil e da profe Nerea.


Aqui vos deixamos un vídeo resumo desta actividade.


Plantando a Manolo ! ! ! on PhotoPeach

A semana foi de plantacións pois tamén puxemos en terra os nosos chícharos.

Primeiro os tivemos en auga uns días, a auga púxose rosa e os chícharos un pouquiño verdes. Deixamos pasar un tempo e chegou o momento de poñelos na terra.


Botamos terra nos nosos semilleiros, logo fixemos un buratiño co dedo e metimos os chícharos nel.
Aqui tendes un vídeo resumo de todo o proceso.

Plantando chícharos on PhotoPeach

Xa vedes que somos un fantásticos labregos! ! !

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario