martes, 12 de abril de 2016

PAULA Y SU CABELLO MULTICOLOR II

Aqui tendes a segunda parte do noso traballo coas emocións ao redor do conto "Paula y su cabello multicolor".


Como vedes cos debuxos grandes que pintamos en equipo fixemos uns murais para colocar no corredor diante da nosa clase.
Non son uns murais calquera , pois partindo do conto tivemos asambleas con conversas interesantísimas onde falamos das emocións de Paula e das nosas propias: o endafo, o medo, a ledicia e a tristeza.


Son moitas as emocións que identificamos xa, pero nesta ocasión centrámonos nesas catro.
Para traballar a funcionalidade da lectoescritura razonamos e pensamos como escribir sérvenos para lembrar cousas e non olvidalas, como por exemplo como cando facemos a lista da compra para lembrar todo ou,  como neste caso, para poder lembrar o que dixemos outro día e retomar a conversa onde a deixamos. 
Tamén dixemos que nos serve para dar información a outras persoas, por exemplo cando escribimos a carta dos Reis serve para que saiban qué lles pedimos e  agora serve para que as familias poidan coñecer o que dicimos nas nosas conversas.


Aqui tendes as nosa reflexións.


Pinchade sobre a imaxe para ampliala e vela mellor.

Estou moi contenta de como van razoando meus piratiñas ! ! !
Póñenlle tantas gañas, que unha destas sesións serviu para que dous amigos se pedisen perdón e fixesen as paces.


No seguinte vídeo vos amosamos un resumo en imaxes dos nosos interesantes debates falando de emocións e sincerándonos. Agardamos que vos guste o noso traballo! ! !


PAULA Y SU CABELLO MULTICOLOR II on PhotoPeach

Grazas ao profe Óscar por facer de fotógrafo mentres  nós estamos inmers@s nas nosas conversas.
Chega un momento no que non nos decatamos de que está coa cámara e saen ao natural, coas caras de pensar, levantando a man, atent@s ao que din os iguais, etc.

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario